O XERENTE DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE FELICITA AO MEDIO CENTO DE ESTUDANTES DE ENFERMERÍA DO HOSPITAL MEIXOEIRO QUE SE GRADÚAN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
07 06 2024
 

O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, acompañado do xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, asistiu ao acto de graduación da Escola de Enfermería do Hospital Meixoeiro, que se celebrou no salón de actos do Hospital Álvaro Cunqueiro.

O responsable do Servizo Galego de Saúde felicitou ás 40 mulleres e 8 homes que se gradúan nunha especialidade como a enfermería, que desempeña, dixo, o papel vertebrador máis fundamental na asistencia sanitaria. “A súa importancia é cada vez maior nun contexto no que debemos coidar a saúde de poboación máis lonxeva e cun índice moito maior de cronicidade”, sinalou José Ramón Parada.

Nesta liña, o xerente lembrou a creación, na nova estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, da Unidade de Procesos de Enfermería, que ofrecerá un servizo transversal e de soporte na elaboración, control e seguimento nos procesos asistenciais de coidados.


EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde