A DIRECTORA DE PLANIFICACIÓN E REFORMA SANITARIA DA XUNTA DESTACA O PAPEL DAS ENFERMEIRAS NA ATENCIÓN DOMICILIARIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
07 06 2024
 

A directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Sofía López Linares, xunto ao xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, participou no acto de graduación da Escola de Enfermería de Lugo. 

Durante o acto, Sofía López Linares dirixiuse ás 50 mulleres e aos 2 homes que este ano remataron a súa formación en enfermería en Lugo e lembrou o papel fundamental do persoal desta especialidade para a posta en marcha de 35 equipos de enfermería de atención domiciliaria que contribuíron a fortalecer a atención aos pacientes crónicos nas zonas rurais de Galicia. 


EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud