A XUNTA AUTORIZA A CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE CAFETERÍA DOS HOSPITAIS PÚBLICOS DA CORUÑA PARA O PERSOAL, OS USUARIOS E FAMILIARES DOS PACIENTES
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
10 06 2024

​O Executivo galego autorizou hoxe, na súa reunión semanal, a contratación de concesión de servizos para a explotación da cafetería do Hospital Público Universitario da Coruña, sita no 4ª andar do edificio oeste; da cafetería do Hospital Marítimo de Oza; da cafetería do Hospital Abente e Lago, e da cafetería do Centro de Especialidades do Ventorrillo, todas elas dependentes da área sanitaria da Coruña e Cee. O contrato sae a licitación por un valor estimado de 10.567.508 euros e un período de catro anos, máis unha posible prórroga de un ano. 

Este valor estimado fai referencia ao importe da cifra de negocios que xerará a empresa concesionaria durante a execución do contrato, tendo en conta os ingresos ponderados de períodos anteriores e considerando o exposto no plan de viabilidade. 

A razón desta contratación é satisfacer a prestación dun servizo de cafetería-comedor para o persoal destes centros, os usuarios, os familiares e acompañantes dos pacientes que reciban asistencia nestas instalacións sanitarias.

Para poder elaborar as súas propostas, os interesados poderán visitar os locais e espazos obxecto da contratación, solicitándoo previamente mediante correo electrónico ao Servizo de Contratación da Área Sanitaria da Coruña e Cee: contratacion.asacec@sergas.es

Para a adxudicación do contrato estableceranse criterios que permitan determinar a mellor oferta, estando estes directamente vinculados ao obxecto do contrato, tales como os prezos dos produtos da cafetería, o canon anual ofertado que deberá igualar ou superar o mínimo establecido de 54.200 euros/ano, ou o importe do investimento a realizar nos locais destinados ás cafeterías.

De acordo co principio de eficiencia básico e reitor da contratación do sector público, a licitación conxunta permite a mellora das condicións económicas.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud