O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE PUBLICA AS PUNTUACIÓNS DEFINITIVAS E A FINALIZACIÓN DA FASE DE OPOSICIÓN DOS PROCESOS SELECTIVOS PARA O INGRESO EN DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
13 06 2024

O Diario Oficial de Galicia​ publica, na súa edición de hoxe, as resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde polas que se publican as puntuacións definitivas da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área, das categorías de médico de admisión e documentación clínica, médico asistencial do 061, médico coordinador do 061, odontólogo de atención primaria e en varias categorías de persoal sanitario non facultativo e persoal de xestión e servizos. Coa publicación das notas definitivas considérase finalizada a fase de oposición. 

Ofértanse, mediante o sistema de concurso-oposición, un total de 180 prazas para diversas categorías de persoal estatutario licenciado sanitario do Sistema Sanitario Público de Galicia, das cales 155 corresponden á categoría de facultativo especialista de área, unha á categoría de médico de admisión e documentación clínica, unha a médico asistencial do 061, seis a médico coordinador do 061 e 17 á categoría de odontólogo de atención primaria.  

Neste concurso oposición, ofértanse 260 prazas en diversas categorías de persoal sanitario non facultativo e 636 en varias categorías de persoal de xestión e servizos.

Desagregando estas prazas por categorías, 46 corresponden á categoría de enfermeiro especialista en obstetricia-xinecoloxía, 31 á categoría de enfermeiro especialista en saúde mental, 61 á categoría de enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria,  32 prazas á categoría de enfermeiro especialista en enfermería pediátrica, 70 prazas á categoría de fisioterapeuta, 6 á categoría de terapeuta ocupacional, 2 prazas á categoría de técnico superior en hixiene bucodental, 12 á categoría de  técnico superior en imaxe para o diagnóstico, 1 praza á categoría de técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información, 1 praza á categoría de técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, 10 á categoría de enxeñeiro técnico,  318 ao grupo auxiliar da función administrativa e 306 prazas corresponden á categoría de celador (da totalidade destas prazas 15 son reservadas para persoas que acrediten  discapacidade intelectual).

Presentáronse ao concurso oposición un total de 16.703 aspirantes, dos que superaron a fase de oposición 12.356 profesionais, o cal supón unha porcentaxe de aprobados do 74% sobre o total de aspirantes presentados. 

A categoría con maior número de persoas presentadas foi a de celador cun total de 6.142 aspirantes polas quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral, dos cales aprobaron a fase de oposición 3.764 participantes, o que supón unha porcentaxe de aprobados do 61%.  A esta cifra de presentados, hai que engadir as 98 persoas que accederon pola quenda de discapacidade intelectual nesta mesma categoría, aprobando case o 96% dos participantes.

A segunda categoría cun maior número de presentados foi a do grupo auxiliar da función administrativa cun total de 5.369 presentados e 4.247 aprobados, resultando unha porcentaxe de aprobados do 79% . 

As puntuacións definitivas obtidas polos aspirantes presentados aos distintos exercicios da fase de oposición atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). 

Habilitouse un enderezo de correo electrónico no que os aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: oposiciones@sergas.es. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud