A
exposición itinerante do V
Concurso de Carteis para Escolares relacionado coa Doazón e os
Transplantes
poderá visitarse desde hoxe e ata finais de semana na entrada
principal do Hospital do Salnés de Vilagarcía de Arousa. Dita
mostra foi inaugurada esta mañá polo xerente da Área Sanitaria de
Pontevedra-O Salnés, José Flores, acompañado pola tenente de
alcalde de Vilagarcía de Arousa, Tania García, as concelleiras
municipais Marta Ferradáns e Ana Granja, o deputado provincial
Javier Tourís e o presidente da Asociación de Doantes e Receptores
de Órganos de Vigo (Adrovi),
Celso García, quen promove esta iniciativa na que tódolos anos
participan centos de alumnos galegos de Educación Primaria e
Educación Secundaria Obrigatoria.
No
transcurso desta inauguración -á que tamén asistiron a directora
do distrito sanitario de O Salnés, Encarnación Lucas e o
subdirector de Enfermaría deste distrito, Carlos Pol- fíxose
mención aos premios honoríficos recibidos polo colexio Sagrado
Corazón de Xesús
da cidade de Pontevedra, que obtiveron o primeiro premio na categoría
do primeiro ciclo da ESO cun debuxo titulado “Doa
tempo”.
Para este traballo, o alumnado participante na iniciativa contou co
apoio do profesorado dese centro educativo.
Traballos
galardoados
Nesta
quinta edición do concurso de carteis para escolares relacionados
coa doazón e o transplante, resultaron premiados nas categorías de
quinto e sexto de educación primaria, co primeiro premio o debuxo co
lema “Non
importa o órgano, agora toca doar e salvar vidas”, Jimena
Domínguez García, do CEIP Vista Alegre de Burela (Lugo); e o
segundo premio foi para “Transplanta
vida.
Doa”,
de Greta
Abella Alvarez,
do CEIP
Castrelo de Miño (Ourense).
E
na
categoría de primeiro ciclo da ESO, acadou o segundo premio a obra
“Vivir
ou non vivir, esa é a cuestión”, de
Isis Acea Portabales, do IES Escolas Proval de Nigrán (Pontevedra).
Con
esta iniciativa, o Servizo Galego de Saúde e a Axencia de Doazón de
Órganos e Sangue -ADOS-,
xunto coas Consellerías de Sanidade e de Educación da Xunta de
Galicia, buscan achegar a realidade dos transplantes á poboación
escolar, para que os rapaces valoren e poñan en relevancia os
múltiples beneficios do fomento da doazón de órganos.