O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE PUBLICA A RELACIÓN DEFINITIVA DAS LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DE DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
18 06 2024

O Diario Oficial de Galicia​ publica hoxe a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías ou especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria, médico de admisión e documentación clínica e médico de hospitalización a domicilio.

O total de aspirantes admitidos foi de 2.359. Por categorías, foron 2.191 en facultativos especialistas de área, 62 en médico de admisión e documentación clínica e 106 en médico de hospitalización a domicilio.

O número de novas inscricións en relación ao pasado ciclo é de 205 en facultativos especialistas de área, 18 en médico de admisión e documentación clínica e 21 en médico de hospitalización a domicilio.

As listas atópanse publicadas, á disposición dos interesados, na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. 

De modo excepcional para estas categorías e especialidades, dada á proximidade da data de publicación destas listas coa data final de dispoñibilidade da inscrición editable no programa FIDES/expedient-e (30 de xuño), os aspirantes que desexen facer algunha modificación na súa inscrición de cara ao próximo proceso de actualización de listas, que terá lugar no ano 2025, poderán realizala ata o 31 de xullo de 2024

Entrarán en vigor a efectos de chamamentos o día 19 de xuño de 2024.

Próximas publicacións

Proximamente se publicarán as listas definitivas das seguintes categorías: enfermeiro especialista en enfermería de saúde mental, enfermeiro especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria, enfermeiro especialista en enfermería obstétrico-xinecolóxica (matrona), enfermeiro especialista en enfermería pediátrica, médico de familia, médico de urxencias hospitalarias

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud