​O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE PUBLICA O BAREMO PROVISIONAL DA FASE DE CONCURSO DO PROCESO SELECTIVO PARA O INGRESO NA CATEGORÍA DE ENFERMERÍA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
19 06 2024
 

O Diario Oficial de Galicia​ publica, na súa edición de hoxe, as puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermería. 

Ofértanse un total de 1.556 prazas, das cales 1.135 corresponden á quenda de acceso libre, 332 á de promoción interna e 89 á quenda de discapacidade xeral. As prazas non cubertas a través das quendas de promoción interna e de discapacidade xeral, acumularanse á quenda libre. 

No concurso de méritos desta categoría, resolto no mes de novembro de 2023, xa se cubriron 459 prazas, que sumadas ás 1.556 prazas ofertadas no concurso oposición fan un total de 2.015 novas prazas de persoal de enfermería que se estabilizan no sistema público de saúde de Galicia.

As puntuacións provisionais da fase de concurso obtidas polos aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo atópanse publicadas, á disposición do interesados, na páxina web do Servizo Galego de Saúde. 

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nos distintos epígrafes do baremo no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. 

Contra os resultados da baremación provisional, os aspirantes poderán presentar reclamación ante o respectivo tribunal de selección no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, é dicir, do 20 de xuño ao 3 de xullo.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud