GÓMEZ CAAMAÑO DESTACA O PAPEL DO CONSELLO DE BIOÉTICA NO EQUILIBRIO ENTRE O DESENVOLVEMENTO CIENTÍFICO E TECNOLÓXICO E A HUMANIZACIÓN DA ATENCIÓN SANITARIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
19 06 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou hoxe o papel do Consello de Bioética de Galicia e a súa importancia á hora de procurar o equilibrio entre o desenvolvemento científico e tecnolóxico e a humanización da atención sanitaria.

Así o subliñou ante os novos membros deste Consello, que hoxe celebraron unha xuntanza no edificio administrativo de San Lázaro, logo da renovación da composición do organismo. Á xuntanza tamén asistiu a secretaria xeral técnica da Consellería, Natalia Lobato.

Gómez Caamaño remarcou a vontade de colaboración e o traballo que está a realizar o Consello en relación a aspectos éticos da nova historia clínica electrónica (IANUS 5), tendo en conta as reflexións dos propios usuarios. 

Tamén incidiu en que o Consello de Bioética de Galicia será cada vez máis relevante de cara á incorporación proveitosa e racional de todo o novo que vén ao sistema sanitario, especialmente no tocante ao emprego da intelixencia artificial.

Os novos membros do Consello son José Luis Tasset Carmona, catedrático da Universidade da Coruña da área de Filosofía Moral; Miguel Ángel Martínez Quintanar, licenciado en Filosofía e profesor na ensinanza secundaria; Consuelo Benito Torres, licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista en xeriatría e experta en bioética sanitaria pola Universidade Complutense; Luisa Fernanda Peleteiro Pensado, licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, especialista en psiquiatría e en bioética aplicada no ámbito clínico; e Sergio Domingo Baamonde Boquete, licenciado en dereito, que exercerá, ademais, as funcións da secretaría.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud