A XUNTA DESTINA MÁIS DE 780.000 EUROS PARA GARANTIR O CUMPRIMENTO DOS TRATAMENTOS ANTITUBERCULOSOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
19 06 2024
 


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, publicou no Portal de contratos públicos de Galicia​ a licitación da contratación do servizo de intervención para garantir o cumprimento dos tratamentos antituberculosos. O importe da licitación é de 781.660 euros, por un período de dous anos. 

Esta iniciativa do departamento sanitario galego ten como obxectivo contribuír á curación de todas as persoas enfermas de tuberculose para acadar o obxectivo prioritario contemplado no Programa galego de prevención e control desta enfermidade, que é o de diminuír as fontes de infección, así como colaborar no estudo da infección tuberculosa e dos contactos e propiciar o cumprimento dos tratamentos.

Sinalar que os afectados por esta enfermidade son, en moitos casos, persoas de sectores sociais  desfavorecidos e persoas migrantes, polo que o seu acceso aos servizos sanitarios e sociais existentes é difícil. En consecuencia, resulta fundamental unha boa metodoloxía de traballo para valorar a todos os doentes e a correcta indicación da necesidade de administrar un tratamento supervisado naquelas persoas nas que se detecte unha maior vulnerabilidade ou risco de abandono do mesmo.

Esta intervención, a través dos tratamentos supervisados, está recomendada pola Organización Mundial da Saúde.

A licitación establece, no apartado de adscrición de medios, un equipo de traballo integrado por seis traballadores sociais, con experiencia mínima dun ano en servizos similares con atención directa a enfermos.

Entre as accións que se van realizar, levaranse a cabo actuacións sobre a contorna da persoa infectada ou enferma de tuberculose para facilitar o diagnóstico rápido da infección por VIH, doutras infeccións de transmisión sexual e da hepatite C, así como a captación para o Programa galego de vacinación da poboación infantil pertencente ao colectivo de inmigrante, refuxiados e a outros grupos de exclusión social.

Unha vez valorada por parte de Sanidade a conveniencia de instaurar un tratamento supervisado debe realizarse un estudo socio-familiar de cada paciente para coñecer as súas necesidades e os recursos existentes na súa contorna. Este estudo, efectuarase a través de visitas domiciliarias e entrevistas, permitindo observar ao paciente no seu medio e dando unha perspectiva máis ampla da súa situación persoal e familiar, para conseguir unha correcta finalización do tratamento e a cur

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud