​A XUNTA DÁ UN PASO MÁIS PARA GARANTIR O ACOMPAÑAMENTO E O CONTACTO PEL CON PEL DURANTE AS CESÁREAS EN TODAS AS ÁREAS SANITARIAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
19 06 2024
 

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, inaugurou esta tarde unha xornada formativa sobre a nova Guía de acompañamento da muller e do contacto pel con pel na cesárea e coa que a Xunta mellora o benestar da muller durante a atención ao embarazo, o parto e o puerperio.

Así, o responsable da Sanidade galega explicou que o novo protocolo xa está dispoñible no conxunto dos hospitais galegos, “normalizando e homoxeneizando” os coidados das mulleres embarazadas nas sete áreas sanitarias.

Do mesmo xeito, Caamaño remarcou que con esta medida o Servizo Galego de Saúde “salda unha débeda pendente” coas mulleres galegas pois, ademais de posibilitar o acompañamento durante o parto por unha persoa da súa confianza, tamén evita separacións innecesarias e fomenta o vínculo temperá entre nai e fillo.

Na compaña do director xeral de Asistencia Sanitaria, Alfredo Silva Tojo, o conselleiro de Sanidade remarcou que grazas á nova guía do Servizo Galego de Saúde tamén se conseguirá ”humanizar un dos momentos máis importantes das nosas vidas”.

Durante a súa intervención nesta xornada formativa organizada pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Caamaño tivo palabras de agradecemento para o conxunto de profesionais sanitarios e os axentes que participaron na súa elaboración pois, o labor deste equipo de traballo posibilitou tamén dar cumprimento á iniciativa presentada en outubro no Parlamento de Galicia, e cuxo obxectivo principal era definir a aplicación dun mesmo protocolo para todos os centros hospitalarios da comunidade gale

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud