ADOS ACHEGA AS CAMPAÑAS DE DOAZÓN DE SANGUE AOS PROFESIONAIS E USUARIOS DO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
20 06 2024

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) quere convidar a todos os vigueses e viguesas a participar activamente na campaña de doazón de sangue que acollerá mañá, venres 21 de xuño o Hospital Álvaro Cunqueiro.

ADOS e a xerencia do Hospital Álvaro Cunqueiro desexan convidar a participar aos profesionais deste centro sanitario, colectivo que ten plena consciencia da necesidade das doazóns de sangue para desenvolver axeitadamente o seu labor asistencial e que amosan, día tras día, o seu compromiso e bo facer no sistema público de saúde de Galicia. 

A Axencia quere amosar o seu sincero agradecemento aos profesionais e á dirección do Hospital, pola súa sensibilidade a prol do solidario xesto da doazón de sangue, sendo un centro que se ten caracterizado desde a súa inauguración, pola súa implicación no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue.

Iniciativa aberta

Unha unidade móbil da ADOS estará estacionada diante da entrada principal, planta 0 do Hospital Álvaro Cunqueiro das 09:30 ás 14:30 horas, para atender a todos os cidadáns que desexen doar, especialmente aos profesionais e usuarios que acudan ao longo da mañá do venres ata este centro hospitalario.

Ademais, nas xornadas previas a este visita realizase unha intensa campaña de información sobre este xesto solidario co obxectivo de incentivar a participación dos profesionais.

A cidade de Vigo situouse o pasado ano como o municipio galego con maior número de doazón de sangue, cunha cifra de 12.741 doazóns de sangue. No caso do Hospital Álvaro Cunqueiro esta é a décima ocasión na que as unidades móbiles se desprazan ata as súas instalacións co obxectivo de incrementar a participación de profesionais e usuario, acadando 229 doazóns no transcurso das visitas precedentes.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde