​A XUNTA GARANTE QUE EN SETEMBRO VOLVERÁ A ACTIVARSE A ASISTENCIA SANITARIA NO CONSULTORIO DE CASTRO DE REI
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
10 07 2024
 

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, xunto co xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, trasladoulle ao alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, que o consultorio do municipio volverá prestar servizo en setembro, tras a reordenación asistencial do verán.

Gómez Caamaño informou ao rexedor que, para garantir a atención sanitaria a toda a poboación, como todos os veráns, a asistencia centralízase actualmente no centro de saúde de Castro Ribeiras de Lea, que reforza os seus equipos cun médico residente de último ano. 

A Xunta priorizou este centro no plan de reforzo do verán da Consellería de Sanidade para garantir unha maior cobertura, tanto en canto á poboación como en horario.

Unha vez rematado o período vacacional en setembro, o Servizo Galego de Saúde volverá prestar a atención no consultorio de Castro de Rei cun médico e un enfermeiro.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde