O Hospital Clínico de Santiago acolle a exposición itinerante cos premiados no I Concurso de carteis para escolares relacionado coa doazón e os transplantes organizado por ADOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
20 11 2018

​Santiago, 20 de novembro do 2018.- O Hospital Clínico Universitario de Santiago acolle dende hoxe e ao longo desta semana, a exposición itinerante de ADROVI que recolle os premiados no I Concurso de carteis para escolares relacionado coa doazón e os transplantes organizado por ADOS. A mostra compila traballos de medio milleiro de estudantes de 24 centros académicos galegos e ten como obxectivo promover iniciativas para fomentar unha cultura solidaria proclive á doazón.

 

A xerente da Xestión Integrada de Santiago, Eloína Núñez, asistíu á inauguración acompañada por Marisa López, directora de ADOS, Celso García, presidente de ADROVI, Beatriz Pais, subdirectora de Calidade e Atención ao doente da Xerencia compostelá, e membros do equipo de Doazón e Transplantes da área sanitaria de Santiago: a coordinadora, Carmen Rivero; o xefe de Servizo de Nefroloxía, Cándido Díaz e o responsable da unidade de Transplante Abdominal, Evaristo Varo.

Eloína Núñez destacou a importancia da realización destas campañas de promoción e concienciación da poboación “especialmente desde a idade infantil” no marco dunha tarefa “tan importante como a educación para a saúde”. No que levamos de ano, na xerencia de xestión integrada houbo 24 doantes (23 en todo o ano pasado) dos que 3 foron doantes en asistolia. Descende lixeiramente a negativa á doazón respecto ao ano pasado.
Entre xaneiro e o 19 de novembro de 2018 realizáronse no CHUS 50 transplantes de fígado (44 en todo 2017) e 31 de ril (40 o pasado ano). En canto a transplantes de doante en vivo, fronte aos 5 realizados o pasado ano, en 2018 téñense realizado 3 e están programados outros 2 para próximas datas.

A directora de ADOS, Marisa López manifestou a necesidade de fomentar “unha conciencia
solidaria proclive á doazón na sociedade galega desde todos os ámbitos e niveis educativos
e desde a perspectiva dos máis novos”. Neste punto, salientou que a “inestimable colaboración de asociacións e colectivos como a Asociación de Doadores e Receptores de
Órganos de Vigo que achegan a nosa mensaxe moi preto da cidadanía”, manifestando que
as liñas de traballo abertas con asociacións como ADROVI permiten informar, formar e
sensibilizar en torno á importancia da doazón.

Premiados
Nesta primeira edición de concurso de carteis para escolares relacionado coa doazón e o
transplante, resultaron premiados nas categorías de quinto e sexto de educación primaria e primeiro ciclo de ESO, os traballos “Ven do-ar, reparte vida” de Daniel González González



(CEIP Castrelo de Miño) e “Decide ofrece, actúa, Doa” de Irene Jardón Castro (IES Carlos Casares), respectivamente. Así mesmo, o traballo “A vida está en xogo. Elixe sempre doar” de Paula Fernández Collazo (CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro de Vigo) e “Acelera o motor da vida. Doa” de Area García López (IES Carlos Casares de Vigo), acadaron os segundos premios, respectivamente, nas categorías de quinto e sexto de educación primaria e primeiro ciclo de ESO.

 

Saúdos

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss