Almuiña abordou hoxe cos Colexios Médicos e de Enfermería o desenvolvemento do novo modelo e atención primaria
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
21 01 2019

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, continúa coas reunións iniciadas no marco da mellora da Atención Primaria para explicar a evolución dos grupos de traballo e as novas medidas e actuacións que está a poñer en marcha o Servizo Galego de Saúde. O novo contrato de continuidade, os grupos de traballo de Atención Primaria e o decreto de estrutura foron os principais asuntos abordados nos dous encontros realizados esta tarde. Jesús Vázquez Almuiña reuniuse cos presidentes dos Colexios Oficiais de Médicos da Coruña, Lugo e Ourense; e tamén cos catro presidentes dos Colexios Oficiais de Enfermería. Nas reunións tamén participaron o secretario xeral técnico da consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada, o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, o director de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, e a directora de Recursos Humanos, Margarita Prado.

Os representantes do Sergas puideron explicar o novo contrato de continuidade aos  representantes dos Colexios Oficiais de Médicos, que amosaron o seu apoio a esta nova modalidade de contratación que consideran unha mellora sobre a situación actual. Este contrato de continuidade foi acordado a pasada semana en Mesa Sectorial e permitirá mellorar as condicións laborais dos médicos especialistas actualmente dispoñibles e tamén as dos médicos internos residentes que teñan previsto rematar no vindeiro mes de maio.

Na reunión cos presidentes dos Colexios Oficiais de Enfermería, Almuiña e os representantes de Sanidade explicaron a evolución e funcionamento dos seis grupos de traballo de atención primaria, nos que o colectivo de profeisonais de enfermería tamén están representados. Así mesmo, falaron do novo decreto de estrutura e do novo modelo da atención primaria que permitirá potenciar o papel da enfermería.

Esta semana continuarán as reunións con diferentes colectivos, mañá representantes do Sergas reuniranse con representantes das matronas, profesionais de odontoloxía e hixienistas dentais, e o mércores con representantes dos pediatras e dos Puntos de Atención Continuada.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss