Santiago acolle de novo BIOINTEGRASAUDE o encontro anual dos institutos de investigación galegos
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
15 05 2019
 
 

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2019.- Máis de trescentos investigadores dos tres institutos sanitarios galegos acudiron hoxe á Santiago á súa cita anual para intercambiar coñecementos e presentar investigacións en curso. Ao acto de inauguración acudiron o conselleiro de Sanidade, Jesús Vazquez Almuiña, o reitor da USC Antonio López; Eloína Núñez, xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, Julián Alvarez, decano da Facultade de Medicina e José Castillo, director científico do IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela).

Presentáronse 131 comunicacións, delas 87 de grupos do IDIS, 30 do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña e 13 do Instituto de investigación Sanitaria Galicia Sur. Esta tarde premiaranse os 3 mellores posters.

Coa celebración desta xornada búscase crear sinerxias e compartir experiencias entre os investigadores dos tres institutos, que manteñen un crecemento constante e mesmo teñen acadado un oco no ámbito da investigación sanitaria nacional. Así os investigadores do IDIS seguen a medrar a captación de fondos nos últimos anos, un 355% e supera xa os 1.000 profesionais que desenvolven tarefas de investigación (pasando de 319 no 2010 cando se acreditou a 1.071 na actualidade). O pasado ano iniciaron 65 proxectos de investigación, dos que 7 son internacionais e 46 nacionais. Na actualidade están en activo case trescentos ensaios clínicos e estudos observacionais.
 
Sobre o IDIS
O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (idis) é un centro de investigación traslacional, de innovación e transferencia de coñecemento que favorece as sinerxias entre a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e a Universidade de Santiago, e ao que están vinculados 80 grupos e máis de 1.000 investigadores.

Naceu en 2008 para poñer en valor o coñecemento aplicado e situou a Galicia como referente internacional no eido da biomedicina e foi o primeiro centro galego acreditado polo Instituto de Salud Carlos III en 2010.



 

Saúdos
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss