PROYECTOS DEL CHUF ACCEDEN A DOS DE LOS CINCO PREMIOS DE LA III EDICIÓN DE LOS PREMIOS DE INNOVACIÓN DEL COLEGIO OFICIAL DE MÉDICOS DE A CORUÑA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
08 06 2019

​Dous proxectos presentados por profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol foron premiados na III Edición dos premios de innovación do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña, que se entregaban esta semana. Campuscardio.com, aproveitar as TICs para xerar coñecemento; e Empoderar ó usuario. Aproveitamento das pantallas de citación das salas de espera para transmitir mensaxes de saúde son os proxectos galardoados. O Colexio Oficial de Médicos de A Coruña premia aqueles traballos “que presenten innovación empregando as novas tecnoloxías para desenvolver recursos didácticos en pregrao, posgrao e formación continua, e tamén para os pacientes”. 

 

En concreto, os criterios de selección son incorporar experiencias innovadoras que empreguen metodoloxías activas dirixidas a desenvolver competencias básicas e interdisciplinariedade; a transferibilidade a outros contextos educativos e formativos para o seu emprego por parte dos médicos, residentes, alumnos ou pacientes; o rigor dos materiais e da actividade proposta; a capacidade e facilidade para ser difundido; a calidade do deseño didáctico, materiais e presentación gráfica; e, finalmente, valoran especialmente os proxectos colaborativos.
 

Campuscardio.com
O especialista en Cardioloxía do CHUF, Emiliano Fernández-Obanza Windscheid; e o informático, Eduardo Martínez, son autores desta plataforma de formación Campuscardio.com, na que xa actualmente hai algún casos cardiolóxicos sobre os que traballar. Está deseñada para casos clínicos de electrocardiografía e diversos aspectos relacionados con isto; e fundamentalmente destinada a profesionais en fase de formación. Este galardón permite facer medrar a ferramenta e dotala dos recursos informáticos que permitan engadir vídeos, ou outros materiais, e incluso realizar cursos online abertos a iniciativa doutros profesionais da saúde.
 

Os autores da iniciativa partían da base de que “a formación continua é un dos piares básicos para mellorar a calidade dos profesionais do sistema público de saúde”, e que, “empregando os métodos tradicionais, o público é numericamente limitado”. Este proxecto permite maximizar o impacto das iniciativas destinadas a capacitar ós profesionais”, e “é unha fiestra aberta para a participación de diversas iniciativas particulares”.
 

Empoderar ó usuario
Por outra banda, os médicos residentes da especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria, Afonso Couso García, Rubén Níñez Lorigados, e Ana Jiménez Cruceta, foron premiados polo traballo destinado a aproveitar as pantallas nas que se está a amosar a quenda de cita do paciente para emitir mensaxes de prevención e promoción da saúde. Estes autores consideran que “estas pantallas son un recurso valioso e representan unha oportunidade para divulgar material didáctico de rigor científico, válido tanto para pacientes como para acompañantes”. Dáse un novo emprego a recursos existentes para “empoderar ó paciente”.
 

As pantallas de citación están actualmente dispoñibles en case a totalidade das salas, e permitirán a proxección de diversos recursos en paralelo á citación. Xa están a traballar nos contidos que se incluirán nestes soportes para, indican “transmitir mensaxes de saúde, de modo comprensible, ameno e didáctico”.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss