O SERGAS PUBLICA O MODELO DEFINITIVO DE RESPOSTAS E AS PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS DA FASE DE OPOSICIÓN DO PROCESO SELECTIVO PARA O INGRESO NA CATEGORÍA DE GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
17 06 2019
 

​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, convocado por Resolución do 1 de marzo de 2018. En total, superaron a fase de oposición do proceso 2.376 aspirantes, o que representa o 40,14% dos presentados.

O modelo definitivo de respostas, con indicación das preguntas anuladas e o seu motivo de anulación, así como as puntuacións provisionais obtidas polas persoas aspirantes presentadas aos distintos exercicios da fase de oposición atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Sergas (www.sergas.es).
 
A resolución abre un prazo de cinco días hábiles contados a partir de mañá, martes 18 de xuño, para que as persoas interesadas poidan presentar reclamación ante o respectivo tribunal de selección, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.
 
As reclamacións deberán presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberán dirixirse á sede do tribunal para os efectos de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
 
Habilitouse un enderezo de correo electrónico no que as persoas aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: oposicions@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración formal de reclamación.
 
Próximas actuacións
Proximamente publicaranse o modelo definitivo de respostas e o listado de puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermería.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss