O SERGAS PUBLICA AS LISTAS PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS E OS RESULTADOS PROVISIONAIS DE BAREMACIÓN DO PROCESO DE ACTUALIZACIÓN DAS LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DE DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
25 06 2019
​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade á relación provisional de persoas admitidas e excluídas e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario: facultativo especialista de área de Medicina do Traballo, facultativo especialista de área de Psicoloxía Clínica, farmacéutico de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, médico asistencial do 061, médico coordinador do 061, odontólogo de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador social.
 
En total, xeráronse 3.956 inscricións, sumando as do anterior proceso e as de nova xeración. A categoría con maior número de solicitudes é fisioterapeuta, con 1.265 inscricións. Resultaron excluídas do proceso o 0,56% das solicitude de participación. E e o 11,93% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso.
 
As listas provisionais de persoas admitidas e excluídas coa asignación da puntuación provisional e número de orde acadado polos admitidos, atópanse publicadas na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, os aspirantes poden consultar desde hoxe, no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e), a súa posición relativa e o número de orde nas listas xeradas; así como de ser o caso, as causas de rexeitamento dalgún dos méritos presentados, dotando de total transparencia ao proceso de selección.
 
Na mesma resolución ábrese un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao día da publicación, para que as persoas interesadas poidan formular as alegacións que estimen oportunas con relación á súa inadmisión e aos resultados obtidos na baremación provisional. A estimación ou desestimación, logo da súa análise e valoración, incluirase na resolución pola que se publiquen as listas definitivas, que determinará a data de entrada en vigor de tales listas.
 
Disporán do mesmo prazo as persoas que tendo presentado debidamente a solicitude non consten como admitidas nin excluídas.
 
Próximas publicacións
Proximamente publicaranse as listas provisionais das seguintes categorías: grupo da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, enxeñeiro técnico, técnico de grao medio en Prevención de Riscos Laborais, técnico superior en Prevención de Riscos Laborais, técnico especialista de Sistemas e Tecnoloxías da Información, técnico de xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información e técnico superior de sistemas e Tecnoloxías da información. 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss