O Servizo de Cardioloxía da Xerencia de Santiago implanta o primeiro dispositivo modulador da contractiidade cardíaca
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
02 08 2019
 
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2019.- O Servizo de Cardioloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago implantou o primeiro dispositivo de modulación da contractilidade cardíaca nun paciente con Insuficiencia Cardíaca (IC) que permanecía sintomático a pesar do tratamento farmacolóxico óptimo. Esta nova tecnoloxía forma parte do proxecto de investigación en IC avanzada que se desenvolve na nosa Institución e que este ano se lle concedeu o Primeiro Proxecto Intramural do CIBERCV (Consorcio de Investigación Cardiovascular en España)

 

O implante foi realizado a primeiros de abril e tras case 5 meses de seguimento confírmase o éxito do procedemento cun beneficio tanto clínico como na melloría na función contráctil do corazón do paciente.

 
Este tratamento consiste no implante dun dispositivo denominado Optimizer Smart que se implanta de forma semellante a un marcapasos que permite estimular con alta voltaxe unha zona específica do corazón de forma sincrónica coa actividade eléctrica do mesmo. Este tratamento “eléctrico” permite mellorar a contractilidade aguda e induce un conxunto de cambios estruturais a máis longo prazo que levan a unha mellora dos síntomas, da calidade de vida, da clase funcional e da función ventricular do corazón. Ademais, permite reducir a taxa de ingresos hospitalarios por IC.
 
Unha vez implantado, recárgase semanalmente de modo externo no domicilio do doente de xeito automático e non precisa de substitución da batería do dispositivo.
 
Está indicado en pacientes con IC con depresión lixeira ou moderada da función contráctil do corazón. A IC afecta arredor do 2% da poboación e constitúe a primeira causa de hospitalización en doentes maiores de 65 anos. Representa o 3% de todos os ingresos hospitalarios e un 2.5% do custe total da asistencia sanitaria.  A modulación da contractilidade cardíaca constitúe  un tratamento innovador que permitirá mellorar a calidad de vida, a tolerancia ao esforzo e reducir os ingresos hospitalarios en doentes con IC.
 
É o terceiro paciente ao que se lle ten implantado un dispositivo de modulación cardíaca en España e o primeiro en Galicia.
 

 

Saúdos

 

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss