O SERGAS PUBLICA A LISTA DEFINITIVA DE ASPIRANTES SELECCIONADOS NO CONCURSO OPOSICIÓN DE VARIAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
11 09 2019

​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se fan públicos os acordos dos tribunais relativos á baremación definitiva da fase de concurso e a relación dos aspirantes seleccionados no proceso selectivo para o ingreso nas categorías de enxeñeiro técnico, grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, médico de familia de atención primaria e técnico superior en documentación sanitaria.

O 13% dos seleccionados accederon por promoción interna e 252, un 88%, xa están a desenvolver as súas funcións no Servizo Galego de Saúde con carácter temporal.
 
En canto a media de idade, sitúase en 42,33 anos, cun 50,53% con idades comprendidas entre os 30 e os 40 anos. O 79,72% son mulleres.
 
As listas coa puntuación definitiva da fase de concurso atópanse publicadas, por orde de puntuación e quenda de acceso,na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais o resultado da baremación definitiva pode ser consultado no apartado de procesos en FIDES/expedient-e.
 
Coa publicación desta resolución ábrese o prazo dun mes, que finaliza o próximo 11 de outubro, para que os aspirantes seleccionados presenten a documentación correspondente.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss