TÉCNICOS DO SERGAS E DO CONCELLO DE MOAÑA AVANZAN NA ANÁLISE DAS NECESIDADES PARA A CONSTRUCIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
11 09 2019

​Técnicos da Servizo Galego de Saúde e do Concello de Moaña mantiveron hoxe unha xuntanza no edificio administrativo da Consellería de Sanidade, en San Lázaro, na que avanzaron no estudo das necesidades para a construción do novo centro de saúde deste municipio.

Previamente, o conselleiro de sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, agradeceu á alcaldesa, Leticia Santos Paz, a súa colaboración coa posta a disposición do Sergas da parcela para a futura infraestrutura sanitaria. Aínda que a administración sanitaria considera que os terreos propostos polo Concello, que contan cunha superficie de 2.066,87 m2, poderían hipotecar o seu potencial crecemento e a súa posible adaptación para prestar servizo á poboación deste municipio nos próximos 20-30 anos. O tamaño da parcela solicitado polo Sergas é de 3.300 m2.
 
O futuro centro de saúde de Moaña incluirá, na súa carteira de servizos, medicina de familia, zona de enfermería, área de pediatría con telemedicina, sala de técnicas de cirurxía menor e sala de técnicas de alta resolución de enfermería e ecografía. Tamén se prevé unha consulta para traballo social, para a matrona, ademais de fisioterapia e área de hospitalización a domicilio. A dotación do novo centro de saúde está enmarcada no Plan de necesidades de Atención Primaria de Cangas-Moaña, cunha visión supramunicipal e que permitirá  que os municipios desta zona dispoñan de maiores coberturas e servizos.
 
Este plan, que conta cun investimento de 11,2 millóns beneficiará a máis de 45.000 habitantes e ampliará os servizos tanto en horario como en prestación. O devandito plan contempla, ademais do centro de saúde de Moaña, a construción do Centro Integral de Saúde Cangas-Moaña, e actuacións de mantemento e mellora en dispositivos existentes como os de Aldán, Hío e Domaio.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss