A ESCOLA GALEGA DE SAÚDE PARA CIDADÁNS RECIBE O PREMIO AO MELLOR PROGRAMA DE EDUCACIÓN E PREVENCIÓN DUNHA COMUNIDADE AUTÓNOMA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
05 10 2019
​A Escola Galega de Saúde para Cidadáns recibiu esta semana o premio ao mellor programa de educación e prevención impulsado por unha comunidade autónoma, que outorga a Fundación Tecnología y Salud.
 
A Escola Galega de Saúde para Cidadáns vén de cumprir dez anos dende a súa creación, sendo Galicia a comunidade autónoma pioneira na súa posta en marcha. A Escola  naceu co obxectivo de promover unha rede de xestión do coñecemento entre profesionais, pacientes e cidadáns para facilitar información, formación, habilidades en procesos de saúde e enfermidade aos nosos doentes, coa fin de mellorar a súa calidade de vida e potenciar a súa participación activa na toma de decisións.
 
Durante esta década de actividade da Escola, participaron máis de 26.000 persoas en preto de 1.300 actividades, ademais dos accesos que diariamente se producen a través da web á información dispoñible para os cidadáns.
 
O galardón foi recollido en Madrid polo Xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, quen destacou a importancia cada vez maior que se lle da ao papel que debe ter o paciente nos coidados da súa saúde. Segundo dixo Fernández-Campa “é necesario contar cun paciente informado e formado, e para iso as escolas de saúde son un extraordinario sistema”. 
 
O responsable sanitario galego tamén destacou o papel da Escola como un excelente marco de colaboración e de participación cidadá, que contribúe a incrementar a seguridade e a calidade de vida dos pacientes.

 

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss