A área sanitaria de Santiago e Barbanza celebra o día do Ictys colaborando na visibilización dos síntomas e dos factores de risco
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
29 10 2019
 
 

Santiago, 29 de outubro de 2018.- Hoxe celébrase o Día Mundial do Ictus e como cada ano a Área Sanitaria de Santiago e Barbanza quere sumarse a este chamamento para dar visibilidade a esta enfermidade e colaborar na divulgación da súa importancia, tratamento, síntomas e factores de risco. O ictus é a primeira causa de morte nas mulleres.

 

Así, a xerente da área sanitaria compostelá Eloína Núñez, a subdirectora de calidade asistencial, humanización e atención á cidadanía, Beatriz Pais, o xefe de servizo de Neuroloxía José María Prieto,  e Manuel Rodríguez-Yáñez, Susana Arias e Rosa Romero, da Unidade de Ictus, visitaron a mesa informativa que a asociación de Dano Cerebral Sarela instalou na entrada do hospital Clínico
Cada 6 minutos o Ictus mata a unha persoa en España. Cada ano arredor de 130.000 españois sofre un ictus, sendo a segunda causa de mortalidade en España, a primeira en mulleres. Segundo as estimacións un terzo dos doentes que sofre un ictus falece e outro sufrirá discapacidade, o que lle impedirá valerse por si mesmo. É a primeira causa de discapacidade en idade adulta e a segunda causa de demencia.
No ano 2018, no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago ingresaron 558 pacientes con ictus (458 con ictus isquémico, 60 con hemorraxias cerebrais e 40 con AIT (ataque isquémico transitorio)). Grazas á existencia da unidade de Ictus, o 43% dos doentes que acudiron a Urxencias aqueixados con ictus  (976 en total) puideron ser dados de alta desde o propio servizo de urxencias. O equipo multidisciplinar permitíu realizar o estudo diagnóstico completo que revelou con garantías que a súa situación clínica o permitía.
O tratamento do ictus require de persoal especializado e adestrado, os doentes con ictus isquémico e que acoden aos servizos de urxencias nas primeiras catro horas e media tralos primeiros síntomas poden beneficiarse dos tratamentos máis eficaces e específicos para esta doenza. Así, unha das técnicas complexas que están revelando gran eficacia nestes casos seleccionados é a revascularización endovascular. En Santiago practicáronse neste período 94 fibrinólises intravenosas (rtPA) e 75 técnicas de revascularización endovascular (trombectomía mecánica).
 
Existen diferentes técnicas de revascularización endovascular que inclúen a trombectomía mecánica (disrupción e/ou extracción do trombo mediante o emprego de diferentes dispositivos) e técnicas combinadas (administración de fibrinolíticos en veciñanza do trombo). Todas elas poden asociarse como técnicas de rescate tras a fibrinolise intravenosa, conseguindo maiores taxas de recanalización arterial, o que mellora a recuperación funcional dos pacientes.
Teleictus.
O Hospital Clínico Universitario de Santiago é un dos centros de atención ao ictus de Galicia, e  foi o primeiro en contar cunha unidade específica para esta patoloxía. Foi tamén pioneiro en ter unha unidade de atención as 24 horas e é líder no tratamento e investigación do ictus en Galicia. 

 

 
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss