SANIDADE ASINA COS COLEXIOS DE ENFERMERÍA DE GALICIA O DOCUMENTO DE ADHESIÓN AO PROXECTO NURSING NOW DA OMS PARA POTENCIAR ESTE COLECTIVO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
30 10 2019

​O Edificio Administrativo do Sergas acolleu hoxe o acto de sinatura do documento de adhesión, por parte da Consellería de Sanidade e os colexios de enfermería das catro provincias galegas, ao Proxecto Nursing Now, posto en marcha pola Organización Mundial da Saúde e o Consello Internacional de Enfermeiras, e que ten como obxectivo potenciar ao colectivo de enfermería. 

 

Tal e como se recolle no documento asinado, a Organización Mundial da Saúde e o Consello Internacional de Enfermeiras puxeron en marcha esta campaña mundial de tres anos de duración, chamada Nursing Now, co obxectivo de que gobernos, profesionais sanitarios e usuarios dos servizos, valoren o importante papel que realizan as enfermeiras e aboguen polo seu liderado para mellorar a calidade dos coidados e a mellora da saúde da poboación.
 
Trátase dunha iniciativa fundada por enfermeiras e outros expertos do ámbito da saúde, baseándose nos resultados do Informe 2016 Triple Impact, elaborado polo grupo parlamentario de todos os partidos do Reino Unido sobre saúde global.
As enfermeiras son o eixo dos sistemas sanitarios e desenvolven un papel crucial tanto na promoción da saúde como na súa prevención e tratamento; e representan case a metade do total de traballadores sanitarios en todo o mundo.

 

Entre os obxectivos desta iniciativa están acadar unha maior participación das enfermeiras e matronas nas políticas de saúde global; máis enfermeiras en postos de liderado e máis oportunidades de desenvolvemento en todos os niveis; así como a toma de decisións sobre donde a enfermería pode ter maior impacto.
 
Grupo galego
Constituirase o grupo autonómico galego da iniciativa Nursing Now, que estará integrado polas entidades asinantes, así como aquelas outras de ámbito autonómico que se puideran adherir.
 
Sinalar, por último, que o documento foi asinado polo titular da carteira sanitaria do Executivo galego, Jesús Vázquez Almuiña, así como pola presidenta do colexio de Enfermería da Coruña, Inés López Carral; a presidenta do Colexio de Lugo, Lourdes Bermello López; a presidenta do Colexio de Ourense, Ascensión Pérez Sampayo; e o presidente do Colexio de Pontevedra, Carlos Fernández Gómez.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss