EL 12% DE LA POBLACIÓN PADECE HEMICRANIA (MIGRAÑA), UNO DE LOS DOLORES MÁS FRECUENTES
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
05 11 2019

“A cefalea ou dor de cabeza é unha das dores máis frecuentes, e, dentro desas cefaleas, a de tipo tensional é a máis habitual e pola que máis se consulta. A hemicrania (migraña) é a que lle segue”, explica o responsable de Neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, Miguel Llaneza González. Este servizo súmase á iniciativa das sociedades científicas de Neuroloxía galega e nacional na semana da Hemicrania para darlle visibilidade a esa patoloxía, abordar os distintos mitos en torno a ela, e dar resposta ás preguntas máis frecuentes.
Un 12% da poboación xeral padece hemicrania, máis á muller (tres mulleres por home), xa que afecta a unha de cada cinco mulleres e a un de cada quince homes. Como se sinte unha desas mulleres cando está afectada por esta cefalea pódese comprobar esta semana nunha pantalla interactiva situada na entrada principal do Hospital Arquitecto Marcide, xunto con paneis informativos. Esta é unha das actividades da semana dedicada a esta patoloxía.
Xunto con isto, esta tarde de martes, haberá unha xuntanza para profesionais no salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide, na que se actualizarán os protocolos, diagnósticos, tratamentos e medicamentos en torno a este tipo de cefalea, incidindo na combinación axeitada de fármacos e abordaxe preventiva dos casos agudos para evitar a súa cronificación. Por outra banda, mañá mércores 6 de novembro, ás 18:30, os profesionais de Neuroloxía desprázanse á Fundación Abanca, na Praza da Constitución, en Ferrol, para ofrecer ampla información á poboación.
Unha patoloxía feminina
Na sesión para a poboación, describirán este tipo de cefalea diferenciándoa e a acotándoa nas súas características fisiopatolóxicas e clínicas máis específicas como, por exemplo, a súa maior frecuencia nas mulleres. Estímase un importante compoñente hormonal, xa que aumenta na puberdade e modifícase coa menopausa. Prodúcense tamén alteracións dos patróns co ciclo menstrual. Xunto con isto, os e as afectadas describen a dor como pulsátil, como con latidos na cabeza, fronte a unha dor máis opresivo no caso da cefalea tensional. Ademais esa dor é máis intensa. Afecta normalmente a media cabeza, e soe aparecer con síntomas acompañantes como mareo, vómitos, intolerancia á luz (fotofobia) ou ós ruídos (fonofobia) alteracións na visión (fotofobia). Algúns pacientes teñen síntomas neurolóxicas acompañando á dor de cabeza, como alteracións na linguaxe, hormigueo nas extremidades ou alteracións no campo visual, sendo estas síntomas as que se coñecen como aura.
Na sesión de mañá en Ferrol, os especialistas abordarán igualmente moitos dos mitos relacionados coa medicación e a alimentación ou os posibles factores desencadenantes. Nese senso, unha das cousas nas que se incidirá é en que “non hai unha alimentación que inflúa positiva ou negativamente de forma xeral, pero pode ser que o paciente si detecte unha relación individual cun determinado alimento”. E, sobre todo, subliñar a “importancia de non automedicarse”. Os tratamentos deben ser pautados e o máis axeitados posible, para non empeorar a situación de base.
A dor de cabeza ou cefalea é o primeiro motivo de consulta dende os centros de saúde a Neuroloxía. Sobre todas estas cuestións falarán, mañá mércores 6 de novembro, ás 18:30, os profesionais de Neuroloxía na Fundación Abanca, na Praza da Constitución, en Ferrol, para ofrecer ampla información á poboación.
SAÚDOS,
COMUNICACIÓN XERENCIA INTEGRADA DE FERROL.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss