O SERGAS INVESTIRÁ MÁIS DE 56.000 EUROS EN REFORMAR OS CENTROS DE SAÚDE DE CEE, CORISTANCO, XERMADE E TRIACASTELA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
11 11 2019

​A Consellería de Sanidade vai investir un total de 56.151 euros para proceder a cofinanciar cos concellos de Cee e Coristanco, na provincia da Coruña, e de Xermade e Triscastela, na provincia de Lugo; obras de reforma nos centros de saúde de titularidade municipal destas localidades.

Os convenios foron asinados polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e os alcaldes dos respectivos concellos. Margarita Lamela Louzán, de Cee; Juan García Pose, de Coristanco; María Olga Iglesias Fontal, de Triacastela; e Roberto García Pernas, de Xermade.
 
Na reforma do centro de saúde de Cee, o Sergas investirá 16.740 euros, e outro tanto o fará o Concello. Estas obras suporán a reforma do teito, o pintado interior do centro de saúde e o cambio de radiadores.
 
No centro de saúde de Coristanco, o investimento do Sergas será de 14.948 euros, e a mesma cantidade achegará o Concello. Este orzamento dedicarase a reformar a carpintería exterior e interior, a substitución das billas que se atopen en mal estado e á instalación dun acumulador eléctrico na sala de descanso do persoal.
 
No centro de saúde de Triacatesla, o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña investirá un total de 6.443 euros, e outro tanto aportará o Concello, para proceder ao cambio de xanelas.
 
Polo que atinxe ao centro de saúde de Xermade, a Consellería de Sanidade destina un total de 18.020 euros, ao igual que o Concello, co obxecto de proceder a cambiar a caldeira e substituír a carpintería metálica das xanelas.
 
Todas estas reformas que o Sergas cofinanciará con estes catro concellos teñen por obxecto dar unha mellor resposta aos problemas de saúde destes municipios, por medio de actuacións que van permitir mellorar as dotacións e infraestruturas dedicadas á atención asistencial da cidadanía dos mesmos.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss