ÁREA SANITARIA FERROLANA, REFERENCIA UNA VEZ MÁS EN EL ÁMBITO DE LA CALIDAD ASISTENCIAL EN GALICIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
14 11 2019

A Área Sanitaria de Ferrol é referencia  para a calidade Asistencial e, ó longo do día de hoxe, ó redor de 150 profesionais relacionados con este ámbito reúnense no salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide   do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, no IX Congreso da Sociedade Galega de Calidade Asistencial. A participación da área ferrolá nestes foros monográficos relacionados coa calidade, é alta unha vez máis co 26% das comunicacións presentadas. O lema do encontro galego é “Descubrindo Experiencias, aprendendo das boas prácticas”, e aglutina as experiencias de profesionais e pacientes en tres mesas de comunicacións orais (26 intervencións); tres mesas de debate, tres conferencias, e 16 pósters. Participan profesionais de tódalas áreas sanitarias e as asociacións de pacientes están presentes.
Son un total de 11 intervencións da Unidade de Calidade da área e dos diferentes servizos certificados en calidade ou que traballan con algún aspecto relacionado coa mesma. Lembrar que a área sanitaria ferrolá conta con sete servizos certificas en Calidade. Dous deles foron os primeiros en se certificar a nivel nacional e outros dous os primeiros de Galicia en facelo. Conta co primeiro servizo de Lavandería de España en obter un certificado de xestión de calidade, en febreiro do 2000; Farmacia, que foi tamén o primeiro en toda España, en marzo do ano 2001; o Laboratorio de Análises Clínicas era o primeiro do Servizo Galego de Saúde, en decembro de 2001; Subministracións, que se certificou no 2007; Microbioloxía, no ano 2012; Admisión e Documentación Clínica, no ano 2015; e Formación Continuada, no ano 2017, tamén o primeiro departamento de formación de Galicia en se certificar.
Experiencias en Ferrol, maximizar calidade e minimizar riscos
Os traballos da área sanitaria ferrolá que se expoñen neste encontro galego teñen moito  que ver coa seguridade, co control do proceso cara o paciente ou coa valoración de riscos para poder adiantarse a eles. Por exemplo, e entre outras cuestións, abórdase a identificación correcta de medicamentos estranxeiros. Cando hai un problema de subministro, normalmente debido a problemas na fabricación ou distribución do medicamento, o Servizo de Farmacia, dentro do seu programa de xestión de riscos, identifica esta problemática e ten, no período entre xaneiro de 2018 e outubro de 2019, reetiquetado máis da metade de medicamentos por seguridade, e identificados claramente para evitar erros.
Por outra banda, achégase tamén o Servizo de Microbioloxía á implantación do programa de optimización do uso de antimicrobianos (PROA) nos centros sociosanitarios. Este servizo analizou as mostras das resistencias antimicrobianas de pacientes en centros sociosanitarios e propón facer accións formativas e unha guía conxunta de prevención de infeccións nestes centros. Este contacto permite un mellor uso dos antibióticos, e mellora tanto a coordinación entre os centros sociosanitarios, os profesionais do programa e a dirección, como o seguimento de procesos, xestión de riscos e seguridade do paciente. Este Servizo tamén amosa a satisfacción do persoal administrativo eventual para o que se creou unha guía e ó que se lle pasaron enquisas de valoración. Pola súa banda, o Servizo de Aprovisionamentos tamén identifica os riscos, e desenvolve o método AMFE, que clasifica os risos para asegurar que os procesos alcanzan os resultados previstos, para previr e reducir efectos non desexados, e para manter información nos puntos débiles do proceso. Todos estes aspectos son ben valorados polo propio Servizo.
En canto a Análises Clínicas, valora o grao de hemólise das mostras de sangue recibidas tanto no laboratorio de rutina como de urxencia dende os diferentes servizos. A hemólise é a rotura dos hematíes coa consecuente liberación dos compoñentes de plasma ou soro sanguíneo que pode producir unha interferencia nos resultados, e provocar o rexeite da mostra. Polo que, neste Servizo analizan as mostras recibidas para detectar onde poden estar os posibles problemas. Xunto con este traballo, expoñen tamén un protocolo consensuado cos peticionarios coa fin de optimizar as determinacións de microalbúmina en pacientes de atención primaria con solicitude de cociente albumina/creatinina, contemplando realizar un cribado preliminar mediante tira reactiva en ouriños. Unha vez implantado o protocolo evitáronse entre un 20 e un 44% de peticións e observaron unha melloría do indicador  ó longo dos seis anos estudados.
Calidade que desemboca no paciente, Comités de Traballo
A Unidade de Calidade da Área Sanitaria de Ferrol tamén falou do alcance da norma ISO e describiu os beneficios de actuar en base a un sistema de xestión de calidade. Por outra banda, tamén se referiron á atención dos pacientes oncolóxicos, e dáse a coñecer a evolución destes grupos que integran e melloran os procesos asistenciais dos pacientes que cumpren uns criterios de sospeita clínica oncolóxica de cara a realización de probas complementarias, establecemento de diagnóstico, tratamento e desviación ós diferentes circuítos. Neste caso, a calidade na organización desemboca nunha mellor atención. No ano 2014, entraban nestes Comités uns 2.362 pacientes. Na actualidade, canalízase máis de 4.500 nestes sete Comités de Tumores. Téñense incrementado nun 91% o número de pacientes comentados nos sete grupos de traballo multidisciplinares de distintas especialidades que desenvolven estes procesos integrais de atención. Son melloras na organización que repercuten na atención sanitaria dos pacientes oncolóxicos.
A evolución do Boletín informativo de Seguridade do paciente, calidade e xestión de risco co que conta a área sanitaria ferrolá dende o ano 2014 é outro dos protagonistas. O Núcleo de Seguridade de Pacientes e de Xestión de Riscos Clínicos, un equipo de persoas de diversas categorías e ámbitos, publica este boletín cuadrimestral dirixido ós e ás profesionais. Entre outras cousas, é unha ferramenta de transmisión a profesionais dos eventos adversos que se notifican a través do Sistema de Notificación e Aprendizaxe para a Seguridade do Paciente SiNASP, instaurando unha cultura de seguridade. Este Boletín ten evolucionado e incorporando, ademais da notificación de eventos, posibles solucións e resultados de aplicar boas prácticas, recorda prácticas seguras, fomenta accións formativas, difunde accións de mellora e xestión dos servizos, e traslada o seguimento de obxectivos sobre a seguridade do paciente.
Salud Mental, Formación e evolución da calidade
Á intervención ferrolá coas 11 comunicacións orais e póster, súmase a actuación de moderación en moitas das mesas de traballo e a participación directa en dúas Mesas de Debate, a dedicada á Experiencia de pacientes, na que refiren ó labor en Saúde Mental; e na de Experiencias de Éxito, na que participa a Unidade de Formación. No caso de Saúde Mental, as persoas afectadas e hospitalizadas en na unidade de agudos de Psiquiatría son as testemuñas directas da súa experiencia neste encontro.
Pola súa banda, a Unidade de Formación ten como obxectivo formar ós profesionais para que melloren as súas competencias profesionais, e, finalmente presten unha mellor atención ós pacientes; e contou a súa experiencia na implantación dos criterios da norma e a consecución do Certificado ISO 9001 como recoñecemento a ese traballo. Subliñan que traballar así indica que están dotados dunha ferramenta que axuda a reorganizar constantemente o traballo, é un proceso que está vivo, e que busca que as actividades que se xestionan sexan o máis eficaces posibles, xa que se van medir a través de indicadores. Este modo de traballo, por exemplo, logra cuestións como que o 98% das actividades formativas son acreditadas, ou, tamén, aumentar a produtividade.
A conferencia de clausura impártea o xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Ángel Facio Villanueva, A importancia de apostar pola calidade, onde realizará un histórico neste eido,  e describe o que se ten aprendido traballando con criterios de calidade e o que será o futuro. Destaca a calidade como ferramenta de transformación do sistema, de mellora continua e como posta en valor do traballo. Sitúa como próximos retos definir un modelo e un marco común nas distintas áreas, e a potenciación da calidade transversal. Un futuro a corto prazo é, no marco do novo decreto de estrutura do Servizo Galgo e de Saúde, a creación da figura da Subdirección de Humanización, Calidade e Atención á Cidadanía, na área sanitaria ferrolá.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss