02 12 2019 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, a Resolución da convocatoria de concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario da categoría de técnico superior en prevención de riscos laborais. É a primeira vez que se abre o proceso de concurso de traslados aberto e permanente para esta categoría.
Esta convocatoria manterá a súa vixencia no tempo, cunha oferta de prazas e adxudicación de destinos que terán unha periodicidade mínima anual.
A solicitude de participación deberá efectuarse a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/Expedient-e/Sección de Procesos), en calquera momento, sen suxeición a prazo, dende o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG. Neste ciclo anual de adxudicación incluiranse as solicitudes de participación e petición de destinos que consten rexistradas en Fides ata o 15 de xaneiro de 2020.
A oferta de destinos correspondente ao ciclo de adxudicación de 2020 farase pública no primeiro trimestre do próximo ano.