O SERGAS PUBLICA AS PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS DA FASE DE CONCURSO DO PROCESO SELECTIVO PARA O INGRESO EN DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
02 12 2019

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, as puntuacións provisionais da fase de concurso obtidas polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de celador, enfermeiro e grupo auxiliar da función administrativa.

O número total de prazas ofertadas ascende a 1.429, sendo a categoría de enfermeiro na que se ofertan o maior número, 830.  O resto repártense do seguinte xeito, 390 prazas para celador e 209 para grupo auxiliar da función administrativa.

As listas, coas puntuacións provisionais, desagregadas por categoría, atópanse publicadas á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es/emprego público).
 

Este proceso de selección de persoal fixo tramítase a través do sistema de información Fides/expedient-e, sumándose así aos restantes procesos de selección temporal e mobilidade voluntaria, que xa se están a tramitar con apoio nesta aplicación. Deste xeito, dótase á selección e provisión de prazas do Sergas da maior obxectividade e transparencia; permitindo aos profesionais a consulta individualizada e detallada do estado de validación de cada un dos méritos achegados ao proceso e os resultados da baremación desagregada.

Para consultar a puntuación obtida nos distintos apartados do baremo, cada aspirante poderá acceder ao seu expediente profesional electrónico en FIDES/Expedient-e/Sección de Procesos. Os aspirantes dispoñen dun prazo de dez días hábiles para presentar reclamación contra os resultados da baremación provisional. A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas da fase de concurso, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.
 
Próximas actuacións
Finalizado o prazo de reclamación e revisadas estas polos respectivos tribunais procederase a publicar os resultados definitivos da fase de concurso e a relación de aspirantes definitivamente seleccionados nestes procesos.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss