A CONSELLERÍA DE SANIDADE ESTÁ A TRABALLAR NUN PLAN GALEGO DE ONCOLOXÍA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
03 01 2020

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, achegouse esta mañá ata o Tinglado do porto, en Vigo, con motivo do día oncolóxico infantil que organiza este espazo solidario de Nadal da Xunta de Galicia.

Almuiña remarcou que aínda que os casos de cancro en menores de 19 anos son poucos, esta doenza supón a segunda causa de mortalidade na infancia e na adolescencia, e por tanto, unha liña prioritaria de acción no Servizo Galego de Saúde.  Na actualidade, máis do 75% dos casos son curables e as taxas de supervivencia conséguense impulsando o diagnóstico precoz o tratamento e a investigación, dixo.
 

Deste xeito, Almuiña referiuse á recentemente creada Unidade de oncoloxía pediátrica de Galicia. Trátase dunha unidade multidisciplinar de traballo en rede, que permite o intercambio de coñecemento en tempo real e o manexo de todos os casos polo facultativo máis experto en cada diagnóstica concreto, ben sexa directamente ou baixo a súa supervisión. Con esta unidade trátase de empregar a totalidade dos recursos asistenciais dispoñibles para a atención do cancro  infantil dun xeito coordinado, aproveitando os coñecementos existentes e homoxeneizando as decisións clínicas.

A Consellería de Sanidade, ademais, está elaborando un Plan galego de oncoloxía, que segundo manifestou Almuiña “esperamos que supoña un avance para a abordaxe integral dos nosos pacientes. O conselleiro remarcou que é prioritario axilizar o itinerario de visitas clínicas, acelerar o diagnóstico e iniciar o tratamento. Tamén é  importante dispoñer de espazos adaptados aos nenos e permitirlles un entorno amigable e seguir traballando pola humanización da asistencia sanitaria, dixo Almuiña.
 
No transcurso da súa intervención, o titular da sanidade galega remarcou que o seu departamento traballa na renovación e actualización do equipamento de alta tecnoloxía, lembrando que Galicia ten a mellor tecnoloxía existente, cun investimento de 88 millóns de euros en oito anos, contando coa contribución da Fundación Amancio Ortega. Así mesmo están a disposición dos pacientes galegos os últimos avances en tratamentos farmacolóxicos e os mellores profesionais, afirmou Almuiña.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss