GALICIA REXISTRA UN TOTAL DE 5.833 CASOS INFECTADOS POR CORONAVIRUS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
12 04 2020
 

​A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.833, deles 1.228 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.154 da de Ourense, 482 da de Pontevedra, 1.078 da área de Vigo, 973 da de Santiago, e 327 da de Ferrol.


Do total de pacientes positivos, 140 permanecen en UCI, 742 están en unidades de hospitalización e 4.951 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.143 altas de pacientes e 360 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 43.992.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Datos dos centros residenciais de servizos sociais


TOTAL
DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS
5.833
911 (usuarios)
416 (profesionais)
FALECEMENTOS
360
79 (en residencias)
75 (en hospitais e residencias integradas)

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,7% do total das persoas residentes.
 
Respecto das 6 persoas falecidas onte en centros residenciais, 1 foi na residencia DomusVi Matogrande (A Coruña), 1 na residencia DomusVi San Lázaro (Santiago de Compostela), 1 na residencia As Fragas (Pontedeume), 2 na residencia N.S. da Esperanza (Ourense) e 1 na residencia Divino Maestro (Ourense).

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
 
Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
 
Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss