O SERGAS FARÁ PROBAS DE DETECCIÓN DA COVID-19 AO PERSOAL QUE PRESTA SERVIZOS NAS OFICINAS DE FARMACIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
10 07 2020
 

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e os presidentes do Colexios Oficiais de Farmacéuticos das catro provincias galegas, Hector Castro Bernardino (A Coruña); Alejandro Sánchez-Pérez Mel (Lugo); Santiago Leyes Vence (Ourense); e Alba Soutelo Soliño (Pontevedra), asinaron hoxe un protocolo xeral de actuación, que ten por obxecto establecer as liñas de actuación para o control de casos da covid-19 que puidesen afectar ao persoal que presta servizos nas oficinas de farmacia galegas e garantir o desempeño das súas funcións.

En virtude deste protocolo, o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña realizará test de detección da covid-19 a todo o persoal que presta servizos nas oficinas de farmacia a través das que ten lugar a prestación farmacéutica a cargo do Sergas.
 
En función do resultado do test e da presenza ou non de sintomatoloxía, o profesional sanitario poderá tomar a decisión de completar o proceso de acordo co protocolo clínico, nos hospitais públicos do Sergas correspondentes á provincia de detección do caso, no prazo máximo de 48 horas.
 
Pola súa banda, os colexios oficiais de farmacéuticos das catro provincias galegas incluirán a covid-19 nos estudos epidemiolóxicos que poidan realizar as organizacións colexiais, así como a súa utilización para a posta en marcha de campañas de divulgación e prevención sanitaria.
 
Ademais, incluirase na formación do persoal daqueles aspectos de hixiene, prevención e control de casos de contaxio por covid-19.
 
Xunto ao anterior, os colexios comprométense á aprobación dun protocolo de medidas hixiénico-sanitarias para o persoal que preste servizo nas oficinas de farmacia, en relación co virus.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss