ADOS CHAMA Á DOAR SANGUE Á CIDADANÍA CO GALLO DA FESTIVIDADE DO 25 DE XULLO E RECALCA A IMPORTANCIA DE INCREMENTAR AS DOAZÓNS DE SANGUE DOS GRUPOS A POSITIVO B POSITIVO E O NEGATIVO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
23 07 2020

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado a participación de toda a cidadanía na campaña de doazón de sangue Verán 2020 e, moi especialmente aos grupos A positivo, B positivo e O negativo. ADOS lembra que as datas inmediatamente anteriores e posteriores ás festividades que coinciden coas operacións de tráfico de entrada e saída de vacacións, fan preciso aumentar a participación da cidadanía nas campañas de doazón de sangue.

ADOS lembra que, mensualmente, os nosos hospitais precisan ao redor de 10.000 doazóns de sangue, cifra que non diminúe no verán, pola contra, o período estival ofrece dificultades engadidas ao desenvolvemento das campañas de doazón por parte da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, especialmente pola deslocalización dos doadores e doadoras.
 
A dirección de ADOS convida aos galegos e galegas a continuar amosando a súa xenerosidade e solidariedade e, aínda que nestes días precísanse aumentar o número de doazóns de todos os grupos sanguíneos, recalca especial mención do Cero negativo.
 
Facilitar a participación
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agarda, novamente, contar coa positiva resposta da cidadanía ao seu chamamento solidario e para iso ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles que efectuarán as seguintes visitas:
 
DATA
LUGAR
xoves 23 xullo
Monfero, Ordes, Cantón, Padrón, A Ramallosa, Os Tilos, Vilagarcía, Cangas do Morrazo, Palas de Rei, Castroverde, Ourense, Carballeda de Avia e Avión
venres 24 de xullo
Meiras, Monelos, Cantón-Obelisco Rianxo, Carril, Vilagarcía, Salceda de Caselas, Praza da Horta (Lugo) e Rúa do Paseo (Ourense)
 
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar nos locais existentes nas sete grandes cidades galegas.

LUGAR
HORARIO
Hospital Clínico Universitario de Santiago
Luns a venres das 08:00 ás 22 horas
sábado das 08:00 as 15:00 horas
Hospital Universitario da Coruña
Luns a venres das 08:00 ás 22:00 horas
sábado das 08:00 as 15:00 horas
Hospital Arquitecto Marcide Ferrol
Luns a venres das 08:00 ás 22 horas
martes, mércores e xoves das 15:00 as 22:00 horas
Hospital Lucus Augusti
Luns a venres das 08:00 ás 22 horas
martes, mércores e xoves das 15:00 as 22:00 horas
Hospital Universitario de Ourense
Luns a venres das 08:00 ás 15:00 horas
Hospital Provincial de Pontevedra
Luns a venres das 08:00 ás 15:00 horas
Hospital Nicolás Peña
Luns a venres das 08:00 ás 22:00 horas
sábado das 08:00 as 15:00 horas
 
Doar, moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida.
 
Para máis información, ADOS dispón da páxina web: ados.sergas.gal, ás páxinas de ADOS en redes sociais. e tamén a posibilidade de chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828. ADOS lembra que, aínda que pódese acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono antes sinalado.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss