AS PERSOAS QUE CHEGUEN A GALICIA DESDE UNHA ZONA CON ALTA INCIDENCIA EPIDEMIOLÓXICA TERÁN QUE PROPORCIONAR OS SEUS DATOS DE CONTACTO ÁS AUTORIDADES SANITARIAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
27 07 2020

Todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica 3’5 veces superior á de Galicia, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independentemente de que sexan residentes na nosa comunidade ou non. Deste xeito, Sanidade procura acadar un diagnóstico máis precoz de calquera infección polo virus, protexendo así a saúde dos cidadáns.
 
Galicia é a segunda Comunidade Autónoma con menor incidencia acumulada nos últimos 14 días,  de acordo cos datos que reflicte o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitaria do Ministerio de Sanidade.
 
As persoas que visiten Galicia, terán un espazo de tempo de vintecatro horas, desde a súa chegada, para comunicar os seus datos de contacto, un trámite que terán que realizar cada un dos viaxeiros. 
 
Así, a Consellería de Sanidade publicará mañá por primeira vez, no Diario Oficial de Galicia (DOG), a listaxe dos territorios cuxa incidencia epidemiolóxica requira desta obriga, podendo ser tanto países extranxeiros coma outras comunidades autónomas. Neste sentido, a listaxe actulizarase quincenalmente, segundo sexa a evolución epidemilóxica de cadanseu territorio.
 
Dúas modalidades para facilitar a información de contacto
Para proporcionar esta información, poderase cubrir o formulario que estará dispoñible na web https://coronavirus.sergas.gal/ ou subministrar os datos chamando ao teléfono 881 00 20 21. A todos os viaxeiros  faciltaráselles un contacto por se tivesen algún tipo de sintomatoloxía, ben a través do seu médico de cabeceira se son residentes con tarxeta sanitaria en Galicia, ou a través do número de teléfono anteriormente citado para aqueles que non dispoñan dela.
 
Tamén se lles proporcionará información e recomendacións sanitarias e poderán adoptarse as medidas de seguimento, recoñecemento e control que se consideren necesarias. Así, por exemplo, no caso de persoas que veñan de territorios cun risco máis alto,  independentemente de que teñan sintomatoloxía ou non, podería promoverse a realización dunha proba diagnóstica.
 
Cómpre destacar que a atención que se considere necesaria polos profesionais do Servizo Galego de Saúde, non terán custo para as persoas que a precisen, incluíndo a realización de probas diagnósticas ou, no seu caso, dos tratamentos indicados.

 

Os establecementos de aloxamento turístico estarán obrigados a informar desta medida aos seus clientes; así como os responsables de axencias de viaxe, operadores turísticos, compañías de transporte aéreo ou marítimo e outros axentes similares ao incio do proceso de venda dos billetes. Así mesmo deberán facelo ás empresas, que despracen aos seus traballadores por motivos laborais.
 
A medida será efectiva dende a publicación pola Consellería de Sanidade da Orde que  regula esta comunicación e o listaxe de territorios considerados de maior incidencia epidemiolóxica.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss