O CENTRO DE VIGO DO GRUPO PSA ACUMULA 65.681 DOAZÓNS E CONSOLÍDASE COMO A EMPRESA ESPAÑOLA DE MAIOR PARTICIPACIÓN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
28 07 2020

A segunda campaña de doazón de sangue que este ano desenvolveu a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), nas instalacións do Centro de Vigo do grupo PSA, e que tivo lugar os días 14, 15, 16 e 23 de xullo concluíu cun excelente resultado de 825 traballadores e traballadoras que doaron sangue e que supón ter acadado unha cifra récord de participación con 65.681 doazóns dende o ano 1995.

Esta segunda visita supuxo un incremento de 8,5% con respecto ao último desprazamento das unidades móbiles de ADOS ata as instalacións do Centro de Vigo do grupo PSA que tivo lugar a finais do mes de xaneiro. Neste sentido, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) quere por en valor a contribución dun dos principais centros de referencia do tecido industrial galego que, dende sempre, ten amosado o seu compromiso coa sociedade galega e co solidario xesto da doazón tanto de sangue como de órganos.
 
Traxectoria solidaria
Hai 25 anos, o Centro de Vigo do grupo PSA comenzou a acoller campañas de doazón de sangue promovidas dende a Consellería de Sanidade e que, actualmente, consolidan a esta empresa como un referente a nivel estatal, sendo a empresa con maior número de doazóns.
 
Salientar que grazas a colaboración dos 825 profesionais do Centro de Vigo do grupo PSA que doaron sangue nesta segunda campaña promovida por ADOS, poderanse realizar por exemplo máis de 355 intervencións cirúrxicas ou transfundir plaquetas a preto de 160 enfermos oncolóxicos.
 
Sensibilización e colaboración
A dirección de ADOS quere salientar a implicación e compromiso do Centro de Vigo do grupo PSA co desenvolvemento das campañas de doazón de sangue que teñen permitido que, ao longo destes últimos 25 anos, a factoría viguesa acumule unha cifra próxima ás 66.000 doazóns que a sitúan como referente social de primeira orde no ámbito do altruísmo.
 
Así mesmo, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere agradecer o seu compromiso e colaboración á Dirección do Grupo PSA de Vigo e de todos os departamentos que integran a empresa, facendo, como non podía ser doutro xeito, extensivo este agradecemento a todos os traballadores e traballadoras que doan sangue. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss