O SERGAS PUBLICA OS RESULTADOS DA ACTUALIZACIÓN DAS LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DE DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
30 07 2020

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, os resultados definitivos do proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de enfermeiro, enfermeiro da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e médico de urxencias hospitalarias. Así mesmo, publícanse as puntuacións provisionais das listas de enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria e enfermeiro especialista en enfermería pediátrica.

Xeráronse un total de 13.183  inscricións, resultando só excluídas do proceso o 0,32% das solicitudes de participación. A categoría con maior número de solicitudes é a de enfermeiro, con 11.479 inscricións.
     
As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

As novas listas actualizadas das categorías de enfermeiro, enfermeiro da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e médico de urxencias hospitalarias, entran en vigor, a efectos de chamamentos, a partir de mañá, 31 de xullo.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss