O CONSELLEIRO DE SANIDADE ENTREGA AO CENTRO DE ENSINO CPR MONTESOL UN AGASALLO CONMEMORATIVO DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE POLO SEU LABOR EN PROL DA DOAZÓN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
15 09 2020

​A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS),recoñece a actividade do centro de ensino CPR Montesol, de Vigo, a prol da doazón. Con tal motivo, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, entregou, esta mañá, un agasallo conmemorativo á responsable da acción formativa, Cristina Díaz Prego. No acto estivo presente, así mesmo, a directora de ADOS, Marísa López García.

ADOS, que vén traballando, dende hai anos, na sensibilización da poboación escolar fronte á doazón dende as idades máis temperás, quere recoñecer con este galardón a mellor iniciativa espontánea no ámbito da educación.

O proxecto galardoado consiste nunha escultura elaborada con materiais de refugallo e que representa un ril. Este proxecto trata de destacar as función do órgano que é protagonista do maior número de intervencións de transplantes na nosa Comunidade, e, polo tanto, do que máis doazóns se precisa.

O centro galardoado participou, nos últimos cinco anos, no Plan Proxecta co obxectivo de integrar, na súa programación anual, a temática da doazón de sangue, órganos e tecidos, creando unha rede de traballo colaborativa e interdisciplinar, e xerando, en definitiva, unha cultura proclive a doazón.​​

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss