O SERGAS ADQUIRE 50.000 UNIDADES DE TEST ANTIXÉNICOS PARA AS 7 ÁREAS SANITARIAS COMO FERRAMENTA RÁPIDA DE DIAGNÓSTICO E CRIBADO DA COVID-19
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
24 09 2020

O Servizo Galego de Saúde iniciou, esta semana, as compras de test antixénicos para o diagnóstico e cribado da covid-19. Nunha primeira compra adquiríronse un total de 50.000 unidades para as 7 Áreas Sanitarias. Os test adquiridos foron validados por estudos recentes do Instituto de Saúde Carlos III, cunha sensibilidade relativa do 93% e especificidade relativa do 99,5%.

As xestións iniciáronse logo das probas da semana pasada levadas a cabo polos microbiólogos do Sergas, quenes determinarán o uso adecuado dentro da cadea diagnóstica, e agora son avaliadas polas recomendacións da Comisión de Saúde Pública que aprobou esta semana a actualización da “Estratexia de detección precoz, vixilancia e control da covid-19”.
 
No momento actual, disponse de dúas probas de detección de infección activa, unha proba rápida de detección de antíxenos e unha detección de ARN viral mediante unha  RT- PCR ou unha técnica molecular equivalente. A actualización da Estratexia recolle a utilización de ambas as probas nos distintos escenarios de diagnóstico e seguimento dos casos e os contactos. O obxectivo principal é facilitar o diagnóstico e que este poida realizarse o máis rápido posible e, desta xeito, iniciar as medidas de control oportunas para diminuír a transmisión do virus.

A utilización destas probas permitirá facer fronte ao previsible aumento das necesidades diagnósticas polo aumento de infeccións respiratorias como a gripe. Con esta compra refórzanse os circuítos de diagnóstico para a priorización de probas e aquelas dirixidas ao estudo de brotes en ámbitos estratéxicos e en contornas como centros sanitarios, sociosanitarios e educativos.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss