O 061 DE GALICIA ASISTIU A 76 PERSOAS POR 63 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
28 09 2020

​Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 76 persoas debido a 63 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 25 de setembro, ata as 23,59 horas do domingo, 27 de setembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 30 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 83 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 63 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 76 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 53% e do 47% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 32% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.
 
Por provincias, A Coruña rexistrou 31 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.


Provincia
Accidentes
A Coruña
31
Lugo
7
Ourense
4
Pontevedra
21
Galicia
63

 
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 77. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en tres accidentes, o helicóptero medicalizado asistiu nun sinistro, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 64 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en catro ocasións.
 
En 58 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 17 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do sinistro.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss