SANIDADE ESTABLECE O NIVEL 2 EN TODA GALICIA E LIMITA AS REUNIÓNS A UN MÁXIMO DE 5 PERSOAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
20 10 2020

A Consellería de Sanidade vén de anunciar o establecemento do nivel 2 de restricións en toda Galicia, onde ademais se limitarán as xuntanzas a grupos dun máximo de 5 persoas.
 
Neste senso, a totalidade do territorio da Comunidade Autónoma fica no nivel 2 de restricións, unha circunstancia que incidirá nos aforos e na ocupación dos espazos dos diferentes ámbitos sociais.
 
Entre as decisións adoptadas polo Comité clínico que fai o seguimento da evolución da covid-19 na nosa comunidade, e tras constatar o aumento de contaxios, tamén decidiu incrementar até o nivel 3 de restricións no concello de Santiago e na localidade do Milladoiro, onde ademais as xuntanzas ficarán restrinxidas a persoas conviventes.
 
Os bares e cafeterías da capital de Galicia e desta localidade amiense, tamén verán restrinxido o seu servizo no interior dos locais, quedando limitada a súa actividade ao 50% do número de mesas das súas terrazas.
 
A pesar da mellora que presenta a evolución epidemiolóxica nos concellos de Ourense e Barbadás, ambos continuarán a manterse no nivel 3 de restricións, xunto coa limitación de xuntanzas exclusivas entre conviventes e o peche da mobilidade perimetral entre os dous concellos, xa en vigor desde o pasado 7 de outubro.
 
Unha das novidades introducidas no día de hoxe polo Comité clínico, foi elevar ao nivel 3 de restricións aos concellos de Verín, Oímbra e Vilardevós, onde se establecerá un peche de mobilidade perimetral, que só permitirá desprazamentos entre os mesmos. Ademais as xuntanzas entre persoas nestes concellos ficará limitada só a persoas conviventes.
 
Seguindo na provincia de Ourense, o Comité de expertos decicíu restrinxir todas as actividades non esenciais nos concellos de Carballiño, O Irixo e Boborás, ao considerar preciso reforzar as medidas de prevención co obxecto de evitar a propagación do virus nestes municipios. Así mesmo, continuarán coa restrición de mobilidade perimentral xa establecida e coa limitación de xuntanzas entre de grupos de persoas conviventes.
 
Todas estas medidas, que se publicarán mañá no Diario Oficial de Galicia, entrarán en vigor dende as 00:00 horas do xoves.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss