O CONSELLEIRO DE SANIDADE VISITA O ARQUITECTO MARCIDE PARA ANALIZAR A EVOLUCIÓN EPIDEMIOLÓXICA NA ÁREA DE FERROL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
28 10 2020

 

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou hoxe o Hospital Arquitecto Marcide, no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, para interesarse pola situación epidemiolóxica da área sanitaria.

Acompañado polo xerente da área sanitaria de Ferrol, Ángel Facio, o responsable da carteira sanitaria da Xunta de Galicia analizou o conxunto de actuacións implementadas no hospital ferrolá para facer fronte á incidencia da covid-19 na cidade departamental.
 
Entre as actuacións acometidas nas últimas datas no CHUF, habilitáronse 36 camas máis no seu quinto andar, que se engaden as 35 prazas para pacientes covid, xa existentes na sétima planta.
 
Así mesmo, e respecto das UCI, ás 10 camas existentes engadíronse 4 adicionais  no mesmo andar do Hospital Arquitecto Marcide, estando preparado un espazo para engadir outras 4, no caso de ser preciso.
 
Durante a súa visita, García Comesaña tamén se achegou ao Centro de Coordinación Covid da Área ferrolá.
 
Pola súa banda, o xerente da Área informou que, no marco do concerto existente, o Hospital Juan Cardona está a colaborar co SERGAS para asumir a realización de actividades programadas non covid.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss