O CHUS recibe unha nova acreditación da OMS e UNICEF polo labor de promoción da lactación materna
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
11 11 2020

Santiago, 11 de novembro de 2020.-  A IHAN (Iniciativa para a Humanización da Asistencia ao   Nacemento e  á Lactación) foi deseñada pola OMS e UNICEF para apoiar a lactación materna exclusiva dende o nacemento en hospitais, servizos de Saúde e salas de maternidade.

O CHUS contaba xa coa acreditación da fase 1D dende marzo de 2015 e agora acaba de ser recoñecida coa fase 2D, grazas ao labor de promoción da lactación materna que se realiza dende os servizos de Obstetricia e Neonatoloxía, así como dende o Banco de Leite Materno adscrito a este último.

 
En España hai actualmente 3 bancos acreditados de leite humano doado, e un deles é  o situado no Clínico.  Amais contan co sistema  de Acreditación ISO 9001:2015 dende o ano 2018. Previamente dende o 2015 xa se tiña a Norma 179003 de xestión de riscos e  seguridade do paciente para o Banco de Leite Humano Doado.
 
Para poder acadar esta nova acreditación no Hospital Clínico Universitario de Santiago, nos últimos anos, púxose en marcha a Unidade de Lactación Materna, que proporciona apoio a nais lactantes da área sanitaria compostelá, independentemente de que os seus fillos estean ingresados ou non. Amais, instauráronse os Talleres de Lactación para as nais dos nenos recén nacidos. Tamén se implantou un sistema de formación de todo o persoal implicado (Médicos, enfermería, TCAES….), na atención das nais lactante e os seus bebés para garantir uns coñecementos homoxéneos que deriven nunha mellor atención á lactancia.
 
 
Grazas a todas estas medidas, no último ano a taxa de lactación materna exclusiva cando se lle dá a alta ao bebé está entre o 65 e o 70% sendo nos grandes prematuros do 100%.  Se lles proporcionou, no que vai de ano,  leite materno doado a 110 recén nacidos, a maioría grandes prematuros, das áreas sanitarias de Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo.
 
Con respecto á investigación, estase traballando en proxecto que permiten profundar no coñecemento e mellora deste tratamento nos RN grandes prematuros.  Este mesmo mes obtívose a beca de investigación 2020 da Asociación Española de Pediatría, dotada con 23.000 euros para o estudo “Identificación e caracterización dos mecanismos moleculares de señalización das vesículas  extracelulares (exesomas) no leite materno e a súa relación coa prematuridade”.
 
Para Olalla López Suárez e Natalia Mandiá, facultativas do Servicio de Neonatoloxía do  CHUS cuxa responsable é Luz Couce, amosan a súa “satisfacción e gratitude por esta acreditación que é froito de anos de traballo entre os compañeiros dos sevizos de  neonatoloxía e obstetricia, e da subdirección de calidade,  así como  tamén por ter conseguido elevar a taxa de lactancia materna nesta área. Aseguran que seguirán traballando para seguir mellorando”.
 

 

Saúdos

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss