OS CONCELLOS DE RIBEIRA, BUEU E BAIONA PASAN AO NIVEL MÁXIMO DE RESTRICIÓNS E SANTIAGO PASA AO NIVEL MEDIO E QUEDA PECHADO PERIMETRALMENTE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
15 12 2020

O comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión de hoxe pola tarde, suavizar as medidas restritivas nos concellos de Barro, Coristanco, Cee, Laxe, Carballo e Ponteceso, que pasarán ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a limitación de mobilidade.

Así mesmo, os concellos de Ribeira, Bueu, e Baiona, pasan ao nivel máximo de restricións.
 
Ademais do antedito, os concellos de Santa Comba, Mazaricos, Negreira, Carnota, Rodeiro, A Illa e Fisterra, pasan ao nivel medio alto de restricións.
 

Igualmente, o comité clínico acordou que o concello de Santiago pasa a nivel medio e queda pechado perimetralmente.

Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o comité clínico tamén acordou implementar unha vixilancia especial nos concellos de Verín, O Barco, Cedeira e San Sadurniño.

Sanidade lembra a obrigatoriedade de cumprir todas as medidas establecidas pola Xunta Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes.

Sinalar, por último, que mañá mércores, a Consellería de Sanidade informará do plan de nadal para Galicia.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss