O CENTRO DE SAÚDE DA ESTRADA, OS SERVIZOS DE CARDIOLOXÍA E NEUROLOXÍA E A UNIDADE DE ENFERMIDADES INFECCIOSAS DE PEDIATRÍA, GAÑADORES NA XV EDICIÓN DOS PREMIOS BEST IN CLASS, QUE RECOÑECEN AOS MELLORES SERVIZOS SANITARIOS DE ESPAÑA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
18 12 2020

Santiago, 17 de decembro de 2020.- Co fin de promocionar a calidade asistencial nos hospitais e centros de saúde, concédense cada ano os premios Best in Class (BIC). A calidade asistencial, a innovación e a atención ao doente dos traballadores da área sanitaria de Santiago e Barbanza foi novamente recoñecida nestes prestixiosos premios BIC, promovidos anualmente polo diario de información sanitaria Gaceta Médica e a cátedra de Innovación e xestión sanitaria da Universidad Rey Juan Carlos e aos que este ano concorreron máis de 800 servizos de hospitais de toda España.

O Centro de Saúde da Estrada, os servizos hospitalarios de Cardioloxía e Neuroloxía,  así como a Unidade de Enfermidades Infecciosas de Pediatría veñen de ser galardoados nas súa categorías como os mellores de España, nunha gala online. 

 
Os servizos de Microbioloxía, Pneumoloxía, Oncoloxía, Dixestivo, Reumatoloxía, Traumatoloxía, as unidades de Asma, de Esclerose Múltiple, de Farmacia Hospitalaria Oncolóxica, de Hemodinámica, de Cardioloxía Intervencionista e de Investigación en Oncoloxía, e o Premio de humanización ao proxecto “construíndo o coidado” designados  entre os 5 mellores de España.
 
Estes premios teñen como obxectivo recoñecer publicamente aos mellores centros de atención primaria e hospitalaria de España, así como aos mellores servizos e unidades do territorio nacional, tanto públicos como privados, que buscan a excelencia na atención que prestan aos seus pacientes.
 
A concesión dos premios baséase na puntuación obtida polos candidatos co Índice de Calidade Asistencial ao Paciente (ICAP), que se establece a partir da análise multivariable dos datos recollidos nos cuestionarios de autoavaliación cumprimentados polos hospitais e centros de atención primaria.
 
A Cátedra de Innovación e Xestión Sanitaria da Universidad Rey Juan Carlos e as distintas sociedades científicas colaboran dando rigor e independencia ao sistema de avaliación da calidade asistencial.

A organización dos Premios BiC só fai públicos os ganadores e finalistas en cada categoría que pasan a forman parte da Guía dos Mellores Hospitais e Servizos Sanitarios que se edita anualmente.
 
 
 
 

 

Saúdos

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss