EL 061 DE GALICIA ASISTIÓ A 67 PERSONAS POR 51 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE LA PONTE DE NADAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
28 12 2020
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a Ponte de Nadal a 67 persoas debido a 51 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do xoves, 24 de decembro, ata as 23,59 horas do domingo, 27 de decembro. O día que rexistrou máis incidentes foi o xoves con 17 sinistros de tráfico.

 

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 69 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 51 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 67 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 72% e do 38% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 28% dos atendidos tiña entre 25 e 39 anos.


Por provincias, A Coruña rexistrou 25 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
 

Provincia
Accidentes
A Coruña
25
Lugo
2
Ourense
4
Pontevedra
20
Galicia
51
 
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 80. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 13 accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 56 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en nove accidentes. As ambulancias convencionais atenderon en dúas ocasións.

En 56 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 10 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa resultou falecida no punto.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss