OS CONCELLOS DE CARNOTA E AS PONTES PASAN AO NIVEL BÁSICO DE RESTRICIÓNS E RECUPERAN A MOBILIDADE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
04 01 2021

​O comité clínico  que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión de hoxe, rebaixar ao nivel básico as restricións nos concellos de Carnota e As Pontes. Deste xeito suprímeselles as limitacións de mobilidade que tiñan ata o de agora.

O comité clínico decidiu tamén baixar o concello de Narón, ao nivel medio, mentres  que  se manteñen os niveis actuais de restricións existentes a día de hoxe no resto dos concellos da comunidade.
 
A única excepción é a que permitirá a mobilidade entre concellos, incluso nos que se atopan perimetrados, durante o vindeiro mércores, día 6 de xaneiro, entre as 6 e as 23 horas. Ao igual que aconteceu nas pasadas festas, cinguíndose a posibilidade destes desprazamentos ás visitas familiares.
 
Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o comité clínico tamén acordou engadir ao listado de vixilancia especial aos concellos das comarcas da Coruña e Santiago de Compostela.
 
Todas estas medidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia de hoxe e entrarán en vigor ás 00,00 horas do martes.
 
A decisión de manter as restricións vixentes en toda Galicia vai ser revisada na  xuntanza do próximo venres, xa que o grupo de expertos acordou que é necesario agardar uns días para poder avaliar a evolución epidemiolóxica logo das medidas adoptadas polas festas do Nadal e fin de ano.
 
Sanidade lembra a obrigatoriedade de cumprir todas as medidas establecidas pola Xunta Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss