O COMITÉ CLÍNICO DETERMINA O NIVEL MÁXIMO DE RESTRICIÓNS NOS CONCELLOS DE VILARDEVÓS, PARADELA E MASIDE E ESTABLECE MEDIDAS DE NIVEL ALTO NOUTROS SETE MUNICIPIOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
16 03 2021
 

O comité clínico de expertos que asesora á Xunta de Galicia na xestión da crise sanitaria provocada polo coronavirus acordou, na reunión mantida esta tarde, que desde o vindeiro venres rexan as medidas do nivel máximo de restricións nos municipios de Vilardevós, Paradela e Maside.

Así mesmo, a asemblea de especialistas determinou o establecemento do nivel alto de restricións noutros sete concellos galegos, nomeadamente, nos termos municipais de Sobrado, Soutomaior, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo.
 
Nos restantes municipios da comunidade galega rexerán as medidas fixadas no nivel medio. No referido a outras medidas, éstas perfilaranse mañá nunha reunión encabezada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e sobre as que informará na posterior rolda de prensa.
 
O conxunto de medidas acordadas polo comité clínico entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 19 de marzo.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss