A XUNTA COMEZA MAÑÁ UNHA NOVA VACINACIÓN MASIVA CITANDO A 145.000 PERSOAS NAS SETE ÁREAS SANITARIAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
05 04 2021
 

​A Consellería de Sanidade comezará a partir de mañá a vacinación masiva das persoas que naceron entre os anos 1942 e 1946, así como entre 1956 e 1961. Nestes casos a convocatoria farase atendendo a criterios de idade, comezando polos maiores.

No caso dos nados entre 1942 e 1946, que recibirán a vacina de Pfizer, vanse citar 90.000 persoas mediante un SMS con confirmación hoxe mesmo e cunha chamada  robótica con confirmación mañá martes día 6. Así mesmo haberá unha chamada dende os equipos de citación o mércores, tan só aos que non teñan confirmado a súa cita polo SMS ou a chamada robótica.

 

Haberá 14 puntos de vacinación. Na área da Coruña vaise citar a 18.300 persoas no IFECO e no Hospital Virxe da Xunqueira. Na área de Lugo, A Mariña e Monforte citaranse 11.600 persoas no HULA e nos hospitais da Mariña e Monforte. Na área de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras vacinaranse 12.600 persoas en EXPOOURENSE, e nos hospitais de Verín e Valdeorras. En Pontevedra e O Salnés serán 9.000 persoas a vacinar no Pazo de Congresos e Fexdega. Na área sanitaria de Vigo serán 17.500 persoas as que ser van vacinar en IFEVI. En Santiago e Barbanza 14.600 persoas vanse vacinar na Cidade da Cultura e no Hospital do Barbanza. En canto a área de Ferrol chamarase a 6.400 persoas para acudir a FIMO.
 
Estas vacinacións terán lugar entre o xoves e o domingo día 11.
 
No que atinxe aos nados entre 1956 e 1961, que recibirán a vacina de AstraZeneca, citarase a 55.000 persoas por medio dun SMS que non precisará confirmación. Finalizada cada xornada, chamarase aos non asistentes para citalos nos seguintes días dispoñibles.
 
Haberá 14 puntos de vacinación. Na área da Coruña e Cee vaise citar a 11.250 persoas no IFECO e no Hospital Virxe da Xunqueira. Na área de Lugo, A Mariña e Monforte citaranse 7.100 persoas no HULA e nos hospitais da Mariña e Monforte. Na área de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras vacinaranse 6.600 persoas en EXPOOURENSE, e nos hospitais de Verín e Valdeorras. En Pontevedra e O Salnés serán 5.350 persoas a vacinar no Pazo de Congresos e Fexdega. Na área sanitaria de Vigo serán 11.500 persoas as que ser van vacinar en IFEVI. En Santiago e Barbanza 9.200 persoas vanse vacinar na Cidade da Cultura e no Hospital de Barbanza. En canto a área de Ferrol chamarase a 4.000 persoas para acudir a FIMO.
 
Estas vacinacións terán lugar entre a tarde de mañá martes e o mércores día 7, agás Ferrol onde se vacinará entre o mércores e o xoves.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss