GALICIA VACINOU PRETO DE 61.500 PERSOAS CONTRA A COVID DURANTE A SEMANA SANTA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
05 04 2021

​A Consellería de Sanidade vacinou contra a covid-19 durante esta Semana Santa a unhas 61.500 persoas, a meirande parte delas maiores de 80 anos. Dentro deste grupo etario administrouse nestes días a primeira dose a 37.000 persoas, mentres que outras 15.500 recibiron a segunda dose.

Segundo os datos do Ministerio de Sanidade a día de hoxe, ata o momento un 80,3 % dos galegos maiores de 80 anos recibiron algunha das doses de Pfizer pautadas para este grupo de poboación. Estas cifras sitúan a Galicia un punto por riba da media española.
 
Ademais, outras 9.000 persoas recibiron a vacina de AstraZeneca durante os días festivos de Semana Santa.
 
No día de hoxe recibíronse en Galicia 105.300 doses de Pfizer.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss