A XUNTA DE GALICIA VACINA A MÁIS DE 11.000 PERSOAS DO GRUPO DE POBOACIÓN ENTRE 60 E 65 ANOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
18 04 2021

 

A Xunta de Galicia vacinou na xornada de onte contra a covid-19, a 11.286 persoas pertencentes ao grupo poboacional de entre 60 e 65 anos. Así, ao redor do 70% das persoas convocadas para recibir a primeira dose acudiu a  súa cita de vacinación.

 
Dun xeito desagregado, e de acordo aos 14 puntos de vacinación habilitados por Sanidade, nos diferentes distritos sanitarios, na área sanitaria da Coruña e Cee un total de 2.331 persoas foron vacinadas coa primeira das doses da vacina; 848 na área sanitaria de Ferrol; 1.964 na área sanitaria de Santiago-Barbanza; 1.191 na área de Pontevedra-O Salnés; 2.164 na área de Vigo; 1.321 na área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; e 1.467 na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
 
Na xornada de hoxe continúan as vacinacións en grandes recintos.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss